Unha liña no ceo

Unha liña no ceo. 58 narradores galegos (1979-1996) é o título co que Edicións Xerais de Galicia chega ó número 1.000 do seu catálogo. Os 58 contos ou relatos escollidos polos seus autores e autoras conforman un volume colectivo que expresa, en gran medida, os logros e as novas tendencias da narrativa galega nas dúas últimas décadas do noso século. Xerais pretende, con este libro singular, crear unha nova luz debuxando unha longa liña formada por escritores de distintas xeracións, que propoñen enfoques narrativos diversos e desenvolven preocupacións temáticas plurais. Coa publicación de Unha liña no ceo, os lectores galegos dispoñen, nun só volume, dunha mostra moi significativa do pulo acadado pola nosa narrativa contemporánea. 

 

Cómpralo en:

Compártelo: