Un suculento retrato da nécora

Un Suculento Retrato da Nécora - José de Cora

Presentar este ensaio de José de Cora sobre a nécora é unha gran satisfacción.

 

Unha satisfacción, por unha banda, non merecida e un chisco ousada para min dada a inconmensurable achega que fai ao coñecemento da nécora neste libro lixeiro de cargas na súa paxinación, consistente no seu contido, multidisciplinar e moi documentado, con tantos vectores de coñecemento como patas ten este crustáceo que representa con lucimento organoléptico a mellor gastronomía do mar.

 

E, por outra banda, quero adiantar aos lectores que este libro marca o comezo dunha nova colección a Academia denominada «Andar, Ver e Catar».

 

Este grande ensaio sobre a nécora, que o autor, na súa modestia, denomina retrato, é o máis completo que coñezo dedicado biolóxica e gastronomicamente ao magnífico crustáceo.

 

Neste ensaio, o autor agasállanos co seu talento, a súa sabedoría e mais o seu gusto polo bo comer, algo que nos une coma a vianda e o sal nesta gran mesa da gastronomía que é a Academia.

Compártelo:

José de Cora
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.