Vidas de pazo

Serie documental de seis capítulos producida por Lugopress no que se amosa a realidade dos tradicionais pazos de Galicia nestes primeiros anos do s. XXI a través dos testemuños das persoas que os habitan de xeito habitual ou por tempadas.

 

En cada capítulo danse a coñecer catro pazos, un por cada unha das provincias galegas, co fin de descubrir as singularidades máis relevantes desde un punto de vista arquitectónico e histórico, así como curiosidades e anécdotas que se dan ao longo do tempo entre as súas paredes.

 

Os pazos galegos son edificios especiais desde o punto de vista arquitectónico, pois trátase de construcións das que non hai referencias noutras Comunidades Autónomas. E aínda que entre as súas paredes producironse moitos dos feitos importantes que deixaron a súa pegada na historia de Galicia, seguen a ser uns grandes descoñecidos para a inmensa parte da poboación galega.

 

A serie está dirixida por José de Cora; coa produción executiva de Xosé Manuel Vila Chantres, que así mesmo é o condutor do programa. A realización corre a cargo de Pepe Tejero, con Dani Díaz como segundo cámara e autor da música, e Mercedes Fernández e Memé Díaz na coordinación da rodaxe

Compártelo:

Prensa