Talismáns

Portada de Talismanes

Enciclopedia Máxica de Galicia

Dentro e fóra da relixión, o home buscou sempre medios extraordinarios cos que garantir a saúde, protexer o gando, procrear fillos ou facilitar calquera das súas aspiracións terrenais ou mesmo eternas. Talismáns, de 60ráfagas editores, é un percorrido polos lugares que os galegos consideran favorables para acadar os seus desexos. Poucas veces son eles mesmos os que determinan que obxectos ou que ritos teñen esas potencias, senón que veñen de séculos atrás, pero pode suceder que unha vida peculiar ou determinados acontecementos dean pé ao nacemento de novos talismáns. Capítulo moi importante entre todos os que se recollen no libro é o formado polas reliquias de santos, prestixio dos templos que as gardan, aínda que sexan anacos do corpo ou pequenos retais das prendas que usou o santo. Recóllense ao redor dun milleiro de talismáns, con cincocentas footografías de Pepe Tejero e Roberto Díaz. A portada é de Coqué Vinicius de Cora e a supervisión lingüística corresponde a Memé Díaz.

Compártelo: