Barreiro contra Barreiro

Xosé Luis Barreiro Rivas (Forcarei, 1949) é probablemente, a figura máis representativa, emblemática, apaixonante e controvertida da vida política galega dos últimos dez anos.

 

Amado por uns, odiado por outros, idealizado polos seus partidarios e mil veces maldicido polos seus inimigos, a case ninguén deixa indiferente. Este é o relato da súa ascensión irresistible e da súa caída, non menos fulgurante. Tamén é a crónica dos dez primeiros anos da autonomía galega vistos dende os despachos do poder, labirinto de intereses, ambicións e non poucos paradoxos. Aquel neno galego da Terra de Montes, fillo dun carteiro que foi estudar a Comillas e prenderon nunha manifestación antifranquista en Madrid, tivo nas súas mans todo o poder. E perdeuno. De ser o máis amado pasou ser, case da noite para a mañá, árbore caída que as machadas fan rachóns. Algunha lección debe tirar o lector de todo isto.

Cómpralo en:

Compártelo:

Presentación del libro

Prensa