Antoloxía da memoria de Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo foi unha sección xornalística de El Progreso que recolleu máis de tres mil testemuños de varios centos de lucenses, especialmente sobre os aspectos cotiáns da súa nenez e infancia, aínda que tamén se incluíron lembranzas dos traballos, as diversións, o lobo, os medios de comunicación, a cultura, as festas e outros relacionados cos tempos idos.

Na Antoloxía… tiñan cabida lembranzas expostas noutros medios e aquelas que se recolleron directamente para a  sección.

Boa parte destas últimas foron emitidas nun programa homónimo de TeleLugo, realizado por Memé Díaz.

As ilustracións das entregas no xornal foron obra de Vinicius Cora.

Compártelo:

Vídeo