O ladrón de reliquias

Tras descubrirse o roubo das reliquias do Apóstolo na cripta da catedral compostelá, a Igrexa acorda comezar as investigacións en segredo.

Don Adolfino, bispo auxiliar de monseñor Patiño e o seu secretario don Liberto, póñense ao fronte da operación e contratan os servicios do catedrático Cosme Durán. Cosme é un profundo coñecedor do sartego e autor de varios traballos sobre as reliquias. El mesmo foi obxecto do roubo da documentación que facilitará aos ladrón o espolio catedralicio.

As pescudas de Cosme comezan en Astorga. A súa catedral foi víctima dun latrocinio semellante, pero os seus movementos son seguidos casualmente por Chenoa, unha xornalista que a partir de entón colaborará con el na resolución do caso; por Pascual, ao servicio dun enigmático Priorado do Limón; e polo inspector García.

En Astorga entra en contacto con don Honorio, un delincuente que lle ofrece facerse coas reliquias de Prisciliano, pero que non parece estar implicado no caso de Compostela. Na realidade o cerebro da operación é o intermediario portugués don Duarte, que negociou co Priorado o roubo e posterior traslado das reliquias a Braga. Nesa cidade planearon o latrocinio como vinganza polo espolio de reliquias que Diego Xelmírez levou a cabo en varias igrexas bracarenses durante o século XII.

Cosme rouba a don Honorio o cranio de Prisciliano e regresa a Santiago onde o Priorado se dispón a celebrar capítulo xeral, antes de trasladar o botín a Portugal.

Gracias a un vídeo que Chenoa e a súa amiga Cris gravan a noite de autos, Cosme e as súas colaboradoras logran infiltrarse na xuntanza do Priorado, propiciando a detención de todos os seus membros acusados de conspirar.

O roubo aínda segue a ser un segredo. Liberto, Cosme, Chenoa e Cris localizan o coche que traslada as reliquias cara a Portugal; e ao través dunha hábil estrataxema, recuperan a arca e entrégana ás autoridades eclesiásticas na compaña do cranio de Prisciliano, cobrando por isto dous millóns de euros.

Despois de cobrar a recompensa prometida, don Honorio esíxelles o pago polas reliquias de Prisiciliano. Cosme e Chenoa entregan os cartos gañados na operación. Quedan sen o diñeiro, pero atopan o amor.
Unha última sorpresa agardará aos protagonistas e a propia catedral de Santiago.

Compártelo:

Óscar Ladoire.- Como actor colaborou nunha trintena de películas e traballou con algúns dos mellores directores. Estreouse con Trueba en Ópera prima, coa que chegou a levar o premio ao mellor actor no Festival de Cine de Venecia. E non é o seu único recoñecemento. P: Nas informacións que circulan óbviase calquera referencia persoal, salvo data e lugar de nacemento. ¿Por que? R: ¿É iso certo? ¡Que marabilla! Iso é que non o estou facendo tan mal. Nestes tempos de Twitter e Facebook, o máis difícil é manter a privacidade. Agora só falta borrar a data e lugar de nacemento para ser anónimo e comezar de cero todos os días. P: ¿Na súa familia hai antecedentes artísticos ou o seu é un caso illado? R: Inclínome a pensar que na miña familia, como na de todos, a xente fai cousas serias e de proveito. O meu con este oficio artístico explicábao perfectamente o mestre Fernando Fernán Gómez: “Os que nos adicamos a isto é porque non valemos para outra cousa”. P: Aparte de actor, é guionista e produtor. ¿De onde lle sae esa vea artística? R: Permítame o matiz: un non é, un fai. E neste caso confeso que fixen de guionista, produtor, director e incluso actor. Pero rogo que antes de que me tiren a primeira pedra teñan en conta que a ignorancia é moi atrevida. P: ¿Que opina do panorama actual do cine español? R: Resúltame imposible contestar dun xeito sintético esta pregunta. ¿Parécelle ben que a deixemos para outro ano? “O oficio de vivir é anterior ao de actor” P: ¿Gustaríalle seguir a estela de Banderas ou Bardem e probar sorte nos Estados Unidos? R: ¡Caramba! Sempre me gustou a astronomía e seguir as estelas dos cometas, pero desde a fiestraxe da casa vense mellor... As viaxes forman parte da xuventude. P: ¿Que lle aconsellaría a alguén que queira iniciarse na interpretación? R: Non son persoa de dar consellos. Pero se insiste, diríalle que o primeiro para interpretar é vivir, e iso apréndese sobre todo na vida. As técnicas máis depuradas quédanse en simples máscaras se detrás non se axexa un anaquiño de autenticidade. O oficio de vivir é anterior ao oficio de actor. P: ¿Arrepentiuse algunha vez de elixir ser actor? R: Todos os días... pero só un pouquiño. Pero tamén me aledo todos os días de non valer para nada máis que para isto. P: Rodou en Lugo un filme dirixido por José de Cora sobre o hipotético roubo das reliquias do apóstolo Santiago. ¿Rodaría outra sobre o roubo do ‘Códice Calixtino’? R: Pero, ¿non sabía vostede que a ficción supera a realidade? Está claro que os ladróns do códice se inspiraron en O ladrón de reliquias. Se eu fose o comisario encargado do caso, interrogaría a José de Cora. Todas as pistas levan a el. Aconsello revisar a película. De Cora sabe máis do que di. P: ¿De que actores cos que traballou garda mellores recordos? R: Gardo bos recordos de todos, pero sobre todo de Fernando Fernán Gómez e Paco Rabal.

Ángeles F. Maira / El Progreso / Diario de Pontevedra

Créditos

Dirección

Dirección e Guión: José de Cora
Diálogos: José de Cora / Millán Salcedo / Óscar Ladoire
1º Axte. Dirección: Aitor Vitoria
2º Axte. Dirección: Suso Sueiro
Aux. de Dirección: Memé Díaz
Aux. de Dirección: Pablo Couto
Scrip: Cristina Sánchez
Director de Casting: Gonzalo de Cora
Story Board: Teté Latas

Produción:
Prod. Executivo: Xosé Árias
Xefe Producción: Xavi Gaja
Axtes. Producción: José Tejero / Xavi García / Llerena Perozo / David Boado / Lois López

Fotografía:
Director de fotografía: Juan Hernández
Foquista: Ariana Bonavía
Aux. Cámara: Pablo Astrain
Técnico de vídeo: Juan Araújo
Steady Cam: Benito Vázquez
Xefe eléctricos: Pepe Salvador
Eléctricos: José L. Soria / José L. Puga / Juan Vieites

Decoración:
Directora de Arte: Curru Garabal
Axte. Decoración: Macamen
Rexedora: Belém Brandido
Atrezzistas rodaxe: Rafa Ferreiro / Ozo
Asistentes rodaxe: Juan Mena / Julián Esteban
Conductor: Miguel Guisasola

Son:
Xefe de Son: Paco Hermo
Axtes. Son: Carlos Vilela / José B. Hermo

Vestiario:
Figurinista: Begoña Villaamil
Axte. Vestiario: Paula Montenegro
Xastra: Susana López

Maquillaxe & Perruquería:
Maquilladora: Maica Valeiras
Axte. Maquillaxe: Laura García
Perruquería: Cristina García
Grupistas: Coco / Mon 

Foto Fixa & Making off: Miguel Granero /Carmen Velayos

Efectos Especiais: Nacho de la Cierva

Música: Eloi Caldeiro

Montaje: Paco Freire

Prensa: Isabel Chousa

 

Reparto

Cosme Durán: Óscar Ladoire
Chenoa Bustamante: Verónica Docando
Don Adolfino: Millán Salcedo
Don Liberto Tabuyo: Gonzalo Paradela
Don Honorio: Antonio Penedo
Cris Montero: Cristina Martínez
Policía Carmiña: Mara Miñano
Malena Carballeira: María José Gómez
Pascual: Suso Meilán
Tolón: Xan Ruídos
Don Duarte: Xerardo Pardo de Vera
Comisario Matalobos: Manuel Molares do Val
Matón 1: Xoán Laxe
Don Manoliño: Guillermo Díaz García
Inspector García: Jesús Pérez
Recepcionista Astorga: Xavi Gaja
Sacerdote 1: Emerio Losada
Sacerdote 2 : Antón Sampayo
Sacerdote 3: Antonino Gugliandolo
Sacerdote Astorga: Carlos Iglesias
Becaria: Estíbaliz Veiga
Matón Ciego: Emilio Vázquez Guillén
Camarera Cebreiro: Esther Pedrouzo
Monaguillo Astorga: Jahel Piñeiro

Trailer

Fotos rodaxe

Prensa